miércoles, mayo 06, 2020

Target golf

Bos días,
Hoxe escollín un xogo de matemáticas que se pode facer con distintos materias dependendo do que teñades por casa. Chámase target golf e é moi sinxelo de facer. O primeiro que necesitamos é unha caixa de cartón (pode ser de zapatos) e faremos 4 ou 5 buratos da seguinte maneira:

Brincadeiras indoor para os dias de chuva! - Just Real Moms

Como vedes cada burato ten un tamaño e puntuación distinta. Canto máis pequeno, maior será a puntuación. Procurade que os puntos sexan números dunha cifra xa que imos usar eses números para as distintas operacións matemáticas que xa sabemos (incluída a multiplicación).
Logo, podemos coller pelotas de ping-pong, chapas ou canicas entre outras para usar como pelotas.
A continuación cada xogador terá un turno para lanzar. Aquí podemos variar o xogo de tres maneiras distintas.

1. A medida que avanzan as rondas podemos ir sumando os puntos que imos conseguindo e despois de 5 rondas ou así o que máis puntos teña gana.

2. Podemos darlle a cada xogador unha puntuación inicial: 35 por exemplo e cada vez que se consiga acertar restaremos os puntos que conseguimos á puntuación inicial. O primeiro xogador que chegue a 0 gana.

3. Podemos multiplicar os resultados que conseguimos cada vez. Lembrade que sería adecuado que para iso os números sexan dunha cifra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario