jueves, mayo 14, 2020

A nosa propia tenda!

Bos días,

Para o día de hoxe pensei nun pouco de role-play para traballar cas moedas. É un tema que practicamos un pouco na clase pero que non chegamos a dominar totalmente. O primeiro que necesitamos é deixar que os nenos e nenas deseñen a súa propia tenda, poden facelo nun folio en sucio. Pode ser do que sexa, o importante é que escollan as cousas que se venden. A partir diso podemos montar o escenario para facer a actuación.
Entón, para crear a tenda podemos coller unha mesa da casa, usar o sofá, unha alfombra do chan, etc. Nese espacio colocaremos os obxectos que se venden. A continuación escolleremos os obxectos e decidiremos un prezo para cada un (procurade que sexa barato para poder traballar despois con billetes reais). Os obxectos que usaredes poden ser reais, debuxados, esculpidos con plastilina... Unha vez esté todo listo, colocaremos o prezo de cada obxecto e xa poderíamos comezar co role-play.

Nesta situación teñen que xogar dúas persoas. Un ten que ser o cliente e outro o dono da tenda. O cliente quererá mercar un dos obxectos. Entón o cliente pagará e o dono dará o cambio (se é que hai). Se o neno ou nena é o dono ou dona do establecemento o cambio tense que ser correcto sempre, mentres que se o outro participante actúa como dono pode dar o cambio ben ou mal. Nese momento será a nena ou neno encargado de dicir se lle deron ben o cambio ou non para reclamar a diferencia.

Estaría ben que ademais de facer todo isto, os pequen@s tamén poidan decorar a tenda: pegando debuxos, pintando directamente se é posible, poñendo os seus xoguetes, ect, etc.

Cómo hacer tiendas de juguete caseras | Tienda de juguetes ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario