lunes, mayo 04, 2020

Como comemos?

Ola a tod@s!
Espero que estedes coas pilas recargadas despois de tres días de descanso. Para hoxe decidín propoñervos unha actividade de ciencias da natureza para darnos conta de como nos alimentamos.
Para iso, colleremos unha libreta (pode ser do colexio) ou folios para escribir. Nesa libreta apuntaremos o que comemos. As nenas e nenos se encargarán de escribir nunha carilla que comeron ese día facendo un esquema similar ao seguinte:

- Almorcei: (unha cunca de leite e torradas por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxiño rápido)

- Xantei: (Xudías con xamón por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxo rápido)

- Ceei: (Sobras do mediodía)

(Debaixo engadir debuxo rápido)

O seguinte día daranlle a volta a carilla e farán o mesmo.

Despois dunha  ou dúas semanas recompilando esta información os nenos poden facer outro esquema ou mapa no que inclúan todo o que comeron durante este tempo. Recortando os alimentos que debuxaron e poñéndoos nunha cartolina. Os nenos e nenas tamén se encargarían de dividilos nos seus grupos correspondentes. Por exemplo: o grupo das verduras, o grupo dos cereais e legumes, o grupo dos lácteos, o grupo das froitas e o grupo da carne e pescado. E a ver que grupo é máis grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario