jueves, junio 11, 2020

Resumo do ano.

Bos días a todo o mundo,

Xa a piques de rematar o curso académico 2019-2020 quería que os nenos e nenas fixeran unha xornada de reflexión sobre este ano. Para facer isto o único necesario é unha cartolina ou folio e lápis. Nese papel as nenas e nenos terán que resumir as cousas máis relevantes que fixeron durante o curso. Poden ser actividades que lles pareceran divertidas, cousas importantes que aprenderon, momentos especiais, etc.  Ademais poden acompañar o escrito con fotografías que teñades do colexio impresas ou debuxos. Así quedará todo o importante sintetizado para o recordo.

martes, junio 09, 2020

Conto: El Corazón y la Botella.

Bos días,

Hoxe deixo no blog o derradeiro libro deste curso escolar. Chámase: "El Corazón y la Botella". Ten unhas ilustracións dunha beleza artística enorme á vez que sinxelas e cunha significado moi relevante para a historia. Polo tanto, non só hai que entender as palabras, tamén as ilustracións. Espero que vos guste moito.

Ligazón para ler o libro online ou descargalo:

https://kupdf.net/download/el-corazon-y-la-botella_599faa8ddc0d606a0b18496f_pdf

Ligazón para o conto narrado:


lunes, junio 08, 2020

Xogos con auga para o verán!

Boas tardes a tod@s!!

Así coma quen parpadea o curso escolar está a piques de chegar ao seu final, e por ese motivo hoxe ensínovos no blog algúns xogos con auga para eses días de calor do verán nos que queirades refrescarvos e non teñades unha piscina, río ou praia preto. Son moi sinxelos e a maioría so necesitan de globos de auga ou materiais caseiros. Espero que vos gusten.

http://happykidtime.blogspot.com/2015/06/10-actividades-agua-ninos-verano.html

viernes, junio 05, 2020

Xoguetes de papel

Ola a todas e todos!

Para rematar a semana, decidín deixarvos no blog un xoguete feito con papel.

https://www.pinterest.es/pin/775182154602686025/

É moi sinxelo pero pode empregarse de formas moi diferentes dependendo do que queirades traballar. Podedes facer das seguintes formas:

Empregalo para facer contas:

- Cada boliña de papel pode ter escrito un número. Entón cada xogador ten un turno. Se tiras e encestas ese papeliño pasa a ser teu. Se erras pasas turno ao seguinte. Despois volves tirar outro papel e se encestas e tes 2 boliñas fas unha operación matematica cos dous números que aparecen dentro dos papeis. O que faga a maior cantidade de operacións correctas en 10 turnos gana.

Empregalo para coñecementos teóricos:

- Se encestas na canasta terás que responder unha pregunta da materia que sexa. Por exemplo: "di 2 órganos do sistema respiratorio". A persoa que responda máis veces correctamente en 10 turnos gana.

Empregalo para aprender ortografía:

- Se encestas terás que revisar se unha palabra escrita está ben ou mal. Pode estar moi ben sobre todo con consonantes que se intercambien por confusión como "s" e "c" ou "c" e "z". Tamén podedes pedirlles que completen palabras, etc.


jueves, junio 04, 2020

Recetas mug cakes.

Bos días,

Para o día de hoxe escollín deixarvos 10 receitas de cociña das chamadas mug cakes (biscoito de microondas). Son moi sinxelas e rápidas ce facer. Lembrade: deixade que os nenos e nenas lean a receita e se organicen eles mesmos (iso si, ides ter que explicarlles o que significan as abreviaturas e axudarlles co que non entendan). Sei que lles levará tempo, pero paga a pena. Disfrutádeos moito:

https://www.pequerecetas.com/receta/mug-cake/#Mug_Cake_de_vainilla