Ola de novo!
Para o día de hoxe tráivos unha actividade na que @s nen@s van a crear o seu propio álbum de fotografías. O primeiro de todo é crear unha cámara. Hai distintos modelos que se poden facer dependendo dos materiais. Ademais poden decorala eles mesmos.
Unha vez feita a cámara pasarán a facer as fotos (simplemente debuxos). Para facer as fotos recortarían unha folla nun tamaño máis pequeno (como o de unha fotografía), farían un debuxo do que queren fotografiar, poñerían a data e un título para a foto. Nunha caixiña pequena que teñades por casa @s nen@s poderán gardar as fotografías para usar como álbum.
Lembrade novamente que estas actividades son voluntarias. Sei que leva moito traballo ás familias, non so o alumnado. Aínda que lles axudedes deixade que o fagan eles. Non fai falta que saia perfecto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario