jueves, junio 11, 2020

Resumo do ano.

Bos días a todo o mundo,

Xa a piques de rematar o curso académico 2019-2020 quería que os nenos e nenas fixeran unha xornada de reflexión sobre este ano. Para facer isto o único necesario é unha cartolina ou folio e lápis. Nese papel as nenas e nenos terán que resumir as cousas máis relevantes que fixeron durante o curso. Poden ser actividades que lles pareceran divertidas, cousas importantes que aprenderon, momentos especiais, etc.  Ademais poden acompañar o escrito con fotografías que teñades do colexio impresas ou debuxos. Así quedará todo o importante sintetizado para o recordo.

martes, junio 09, 2020

Conto: El Corazón y la Botella.

Bos días,

Hoxe deixo no blog o derradeiro libro deste curso escolar. Chámase: "El Corazón y la Botella". Ten unhas ilustracións dunha beleza artística enorme á vez que sinxelas e cunha significado moi relevante para a historia. Polo tanto, non só hai que entender as palabras, tamén as ilustracións. Espero que vos guste moito.

Ligazón para ler o libro online ou descargalo:

https://kupdf.net/download/el-corazon-y-la-botella_599faa8ddc0d606a0b18496f_pdf

Ligazón para o conto narrado:


lunes, junio 08, 2020

Xogos con auga para o verán!

Boas tardes a tod@s!!

Así coma quen parpadea o curso escolar está a piques de chegar ao seu final, e por ese motivo hoxe ensínovos no blog algúns xogos con auga para eses días de calor do verán nos que queirades refrescarvos e non teñades unha piscina, río ou praia preto. Son moi sinxelos e a maioría so necesitan de globos de auga ou materiais caseiros. Espero que vos gusten.

http://happykidtime.blogspot.com/2015/06/10-actividades-agua-ninos-verano.html

viernes, junio 05, 2020

Xoguetes de papel

Ola a todas e todos!

Para rematar a semana, decidín deixarvos no blog un xoguete feito con papel.

https://www.pinterest.es/pin/775182154602686025/

É moi sinxelo pero pode empregarse de formas moi diferentes dependendo do que queirades traballar. Podedes facer das seguintes formas:

Empregalo para facer contas:

- Cada boliña de papel pode ter escrito un número. Entón cada xogador ten un turno. Se tiras e encestas ese papeliño pasa a ser teu. Se erras pasas turno ao seguinte. Despois volves tirar outro papel e se encestas e tes 2 boliñas fas unha operación matematica cos dous números que aparecen dentro dos papeis. O que faga a maior cantidade de operacións correctas en 10 turnos gana.

Empregalo para coñecementos teóricos:

- Se encestas na canasta terás que responder unha pregunta da materia que sexa. Por exemplo: "di 2 órganos do sistema respiratorio". A persoa que responda máis veces correctamente en 10 turnos gana.

Empregalo para aprender ortografía:

- Se encestas terás que revisar se unha palabra escrita está ben ou mal. Pode estar moi ben sobre todo con consonantes que se intercambien por confusión como "s" e "c" ou "c" e "z". Tamén podedes pedirlles que completen palabras, etc.


jueves, junio 04, 2020

Recetas mug cakes.

Bos días,

Para o día de hoxe escollín deixarvos 10 receitas de cociña das chamadas mug cakes (biscoito de microondas). Son moi sinxelas e rápidas ce facer. Lembrade: deixade que os nenos e nenas lean a receita e se organicen eles mesmos (iso si, ides ter que explicarlles o que significan as abreviaturas e axudarlles co que non entendan). Sei que lles levará tempo, pero paga a pena. Disfrutádeos moito:

https://www.pequerecetas.com/receta/mug-cake/#Mug_Cake_de_vainilla

martes, junio 02, 2020

Conto: Camuñas.

Bos días,

Para o día de hoxe decidín deixarvos un conto narrado divertidísimo sobre o brujo Camuñas. A seguinte ligazón é un vídeo de YouTube, así que podedes deixar que os nenos e nenas paren o vídeo en cada páxina para ler e logo deixar que llelo narren ou simplemente escoitar. Espero que vos guste:


lunes, junio 01, 2020

Educaplay

Bos días!!

Hoxe veño a amosarvos unha das páxinas web de actividades educativas máis interesantes. Chámase educaplay. Deixo a ligazón aquí abaixo:

https://es.educaplay.com/

Unha explicación xeral de como empregar a aplicación:

O primeiro que debemos comentar é que a páxina contén actividades de todas as materias e tódolos cursos que existen. Incluso vos mesmos podedes crear actividades se vos facedes unha conta!
A aplicación inclúe un buscador no que deberemos premer e introducir o contido do que queremos que as nosas fillas e fillos traballen. Por exemplo, se poñemos corpo humano apareceran actividades sobre músculos, as partes do corpo, etc.

Ademais se prememos no buscador sen introducir ningún contido enviaranos a unha parte da páxina na que podemos seleccionar as actividades que queremos empregando distintos filtros para buscar e adaptarnos as nosas necesidades. Por exemplo: podo buscar asctividades que sexan unicamente para o primeiro curso de primaria da materia de matemáticas e que sexa un cruzigrama.

É unha fonte ilimitada de recursos. Espero que vos sexa útil. Eu aconséllovos facer unha conta xa que poderedes gardar as actividades que máis vos gusten en organizalas no voso perfil.

Tamén vos deixo aquí un tutorial sobre como facer actividades