jueves, junio 11, 2020

Resumo do ano.

Bos días a todo o mundo,

Xa a piques de rematar o curso académico 2019-2020 quería que os nenos e nenas fixeran unha xornada de reflexión sobre este ano. Para facer isto o único necesario é unha cartolina ou folio e lápis. Nese papel as nenas e nenos terán que resumir as cousas máis relevantes que fixeron durante o curso. Poden ser actividades que lles pareceran divertidas, cousas importantes que aprenderon, momentos especiais, etc.  Ademais poden acompañar o escrito con fotografías que teñades do colexio impresas ou debuxos. Así quedará todo o importante sintetizado para o recordo.

martes, junio 09, 2020

Conto: El Corazón y la Botella.

Bos días,

Hoxe deixo no blog o derradeiro libro deste curso escolar. Chámase: "El Corazón y la Botella". Ten unhas ilustracións dunha beleza artística enorme á vez que sinxelas e cunha significado moi relevante para a historia. Polo tanto, non só hai que entender as palabras, tamén as ilustracións. Espero que vos guste moito.

Ligazón para ler o libro online ou descargalo:

https://kupdf.net/download/el-corazon-y-la-botella_599faa8ddc0d606a0b18496f_pdf

Ligazón para o conto narrado:


lunes, junio 08, 2020

Xogos con auga para o verán!

Boas tardes a tod@s!!

Así coma quen parpadea o curso escolar está a piques de chegar ao seu final, e por ese motivo hoxe ensínovos no blog algúns xogos con auga para eses días de calor do verán nos que queirades refrescarvos e non teñades unha piscina, río ou praia preto. Son moi sinxelos e a maioría so necesitan de globos de auga ou materiais caseiros. Espero que vos gusten.

http://happykidtime.blogspot.com/2015/06/10-actividades-agua-ninos-verano.html

viernes, junio 05, 2020

Xoguetes de papel

Ola a todas e todos!

Para rematar a semana, decidín deixarvos no blog un xoguete feito con papel.

https://www.pinterest.es/pin/775182154602686025/

É moi sinxelo pero pode empregarse de formas moi diferentes dependendo do que queirades traballar. Podedes facer das seguintes formas:

Empregalo para facer contas:

- Cada boliña de papel pode ter escrito un número. Entón cada xogador ten un turno. Se tiras e encestas ese papeliño pasa a ser teu. Se erras pasas turno ao seguinte. Despois volves tirar outro papel e se encestas e tes 2 boliñas fas unha operación matematica cos dous números que aparecen dentro dos papeis. O que faga a maior cantidade de operacións correctas en 10 turnos gana.

Empregalo para coñecementos teóricos:

- Se encestas na canasta terás que responder unha pregunta da materia que sexa. Por exemplo: "di 2 órganos do sistema respiratorio". A persoa que responda máis veces correctamente en 10 turnos gana.

Empregalo para aprender ortografía:

- Se encestas terás que revisar se unha palabra escrita está ben ou mal. Pode estar moi ben sobre todo con consonantes que se intercambien por confusión como "s" e "c" ou "c" e "z". Tamén podedes pedirlles que completen palabras, etc.


jueves, junio 04, 2020

Recetas mug cakes.

Bos días,

Para o día de hoxe escollín deixarvos 10 receitas de cociña das chamadas mug cakes (biscoito de microondas). Son moi sinxelas e rápidas ce facer. Lembrade: deixade que os nenos e nenas lean a receita e se organicen eles mesmos (iso si, ides ter que explicarlles o que significan as abreviaturas e axudarlles co que non entendan). Sei que lles levará tempo, pero paga a pena. Disfrutádeos moito:

https://www.pequerecetas.com/receta/mug-cake/#Mug_Cake_de_vainilla

martes, junio 02, 2020

Conto: Camuñas.

Bos días,

Para o día de hoxe decidín deixarvos un conto narrado divertidísimo sobre o brujo Camuñas. A seguinte ligazón é un vídeo de YouTube, así que podedes deixar que os nenos e nenas paren o vídeo en cada páxina para ler e logo deixar que llelo narren ou simplemente escoitar. Espero que vos guste:


lunes, junio 01, 2020

Educaplay

Bos días!!

Hoxe veño a amosarvos unha das páxinas web de actividades educativas máis interesantes. Chámase educaplay. Deixo a ligazón aquí abaixo:

https://es.educaplay.com/

Unha explicación xeral de como empregar a aplicación:

O primeiro que debemos comentar é que a páxina contén actividades de todas as materias e tódolos cursos que existen. Incluso vos mesmos podedes crear actividades se vos facedes unha conta!
A aplicación inclúe un buscador no que deberemos premer e introducir o contido do que queremos que as nosas fillas e fillos traballen. Por exemplo, se poñemos corpo humano apareceran actividades sobre músculos, as partes do corpo, etc.

Ademais se prememos no buscador sen introducir ningún contido enviaranos a unha parte da páxina na que podemos seleccionar as actividades que queremos empregando distintos filtros para buscar e adaptarnos as nosas necesidades. Por exemplo: podo buscar asctividades que sexan unicamente para o primeiro curso de primaria da materia de matemáticas e que sexa un cruzigrama.

É unha fonte ilimitada de recursos. Espero que vos sexa útil. Eu aconséllovos facer unha conta xa que poderedes gardar as actividades que máis vos gusten en organizalas no voso perfil.

Tamén vos deixo aquí un tutorial sobre como facer actividades


viernes, mayo 29, 2020

Xeoplano caseiro para aprender xeometría!

Ola a tod@s!

Para hoxe traivos un material didáctico para a aprendizaxe da xeometría dos máis usado na historia da educación, o chamado xeoplano. É un taboleiro de madeira no que as nenas e nenos empregan gomas elásticas para crear formas xeométricas de todo tipo. Coa axuda do xeoplano poden ir empezando a recoñecer algunhas das figuras máis básicas. Para que o empregedes correctamente este material, debaixo tedes dúas ligazóns: unha para poder facer un xeoplano caseiro de maneira sinxela e outro para enteder como usalo.


Qué é un xeoplano e como usalo?

Como crear un xeoplano caseiro?


Unha actividade interesante que se pode facer co xeo plano é que o nenos e nenas constrúan coas gomas figuras do que eles queira, por exemplo: animais, obxectos como garfos, mesas, etc, etc. Posteriormente terían que recoñecer as formas xeométricas que empregaron para crear esas figuras. Lembrade que primeiro hai que dar un repasiño das figuras xeométricas.

miércoles, mayo 27, 2020

Siluetas

Bos días!

Para a seguinte actividade no día de hoxe necesitaremos dunha linterna e papel. O xogo é sinxelo, trataríase de, nunha habitación as escuras, crear siluetas co papel. Primeiro debuxade o que queirades e despois recortádeo. A continuación apagade as luces e colocade o papel coa silueta diante da linterna.

Xogaríase por turnos, primeiro unha persoa crea a silueta e o resto ten que intentar adiviñar o que é facendo preguntas do estilo de: É un animal? É de cor parda? etc, etc.

Para facelo máis interesante podemos xogar cos tipos de animais. Se debuxamos animais podemos facer preguntas como: ten pelo? é vivíparo? é hervívoro? é un mamífero? E aplicar os coñecementos que temos sobre os animais ao xogo. Isto podese modificar para aprender distintos contidos como vocabulario en inglés entre outros.

Outra versión do xogo poderíase facer da seguinte maneira: se xogan tres persoas, unha sería encargada de crear a silueta e pensar a palabra que se ten que adiviñar, outro tería que explicar o que é coa axuda da silueta e outro tería que adiviñar. O que crea a silueta tamén pode engadir palabras tabú ou palabras que non se poden dicir para explicar ese obxecto.


martes, mayo 26, 2020

Conto: El increible niño comelibros.

Ola a todo o mundo,

Déixovos aquí un conto moi simpático sobre o amor pola lectura. Sei que moitos dos vosos fillos e fillas son fanáticos dos contos e é algo que intento transmitir especialmente no colexio, así que espero que lles guste moito. Despois disto, poden facer un debuxiño e explicar cal é o libro que comerían eles se tivesen o poder do neno comelibros!


lunes, mayo 25, 2020

Unha viaxe polo espacio!

Ola a todas e todos!!

Hoxe decidín engadir ao blog unha xincana personalizada a modo de xogo. Trátase dunha viaxe polo espacio que nos vai servir para traballar distintos aspectos. Para facer esta viaxe o primeiro que debemos facer é unha nave espacia usando a papiroflexia e os planetas do sistema solar (tamén poden crear un novo sistema do espacio e poñerlle nomes aos planetas eles mesmos, así a actividade sería máis flexible porque podemos escoller o número de planetas, como son, etc.). Lembrade que podedes fabricalos vós mesmos cos vídeos que vos deixarei aquí:


Ou ben, usar materiais similares que sexan representativos como pelotas, canícas...

Unha vez creedes a nave e os planetas, o seguinte sería crear unha historia e as probas da xincana. Para xogar a xincana o ideal sería que lle contarades unha historia aos nenos e nenas do estilo de: "A NASA encargou a varios astronautas facer a primeira viaxe tripulada polo espacio exterior máis aló da lúa e escolléronvos porque..." Os nenos e nenas serán os astronautas desta viaxe. Para facer esta viaxe, colocaremos os planetas feitos ao redor de nós e a distintas distancias (como se colocarían os planetas ao redor da terra pero pensando en nós mesmos como a terra). Os pequen@s deberán lanzar o fogete espacial ao planeta que queiran viaxar. En cada planeta que visiten terán unha misión que realizar.

Para isto inventaredes unhas tarxetas a modo de historia. Da seguinte forma:

- "A túa nave chegou a Saturno, pero o aterrizaxe complicouse e o ordenador da nave estropeouse. Só o matemático da nave pode reparala".
Entón incluiredes unhas operacións matemáticas debaixo para que eles fagan e reparen a nave.

En outro planeta podedes poñer:
- "Chegades a Marte e comezades a recoller pedras para levar á Nasa para que investiguen, pero no camiño de volta a metade das pedras caeron sen que vos dárades de conta. Haberá que inventar unha excusa para que os da Nasa non se den conta".

Podedes empregar estas probas para actividades comúns como facer contas, crear unha historia sobre un tema en concreto, facer preguntas sobre o tempo atmosférico dun planeta, relizar actividades físicas para escapar de alieníxenas, crear a vosa propia base nese planeta co que teñades por casa (como facer unha tenda de campaña), ler o reloxo para saber cando teñen que marchar dun planeta, etc, etc.
Así podedes escoller os aspectos que máis vos interese traballar cos vosos fillos e fillas (totalmente personalizable).

miércoles, mayo 20, 2020

Os ecosistemas.

Bos días,

Hoxe imos falar dunha das actividades que quedaron a medias no cole e que me gustaría que os nenos e nenas rematasen. A actividade é a creación dun ecosistema. Primeiro de todo, un vídeo recordatorio sobre o que son:


Agora, o primeiro que temos que ter en conta é que vai ser un ecosistema inventado ou fantástico, pero considerando todos os elementos cos que se crea un ecosistema, por iso:

- Temos que crear o seu medio físico. Para isto os nenos e nenas escolleran os elementos inertes ou sen vida que existen no seu ecosistema. Por exemplo: rochas, area, neve... (se queremos ser un pouco máis creativos podemos desvariar un pouco, dicindo que esta feito por unha alfombra xigante que cubre todo ou chatarra entre outros exemplos que podedes inventar). Unha vez escollamos temos que elixir onde imos facer o medio físico: eu diría que empregárades un terrario como estabamos usando na clase, pero tamén podedes usar caixas de cartón, un recuncho da casa, un caixón que non teña nada, etc. Ademais tedes que elexir os materiais cos que se farán os elementos do medio físico: saíndo a coller pedras ao xardín para as rochas, por exemplo.

- Despois de crear o medio físico podemos pasar a crear os seres vivos. Tamén poden ser inventados. Canto máis extravagantes mellor. Os materiais empregados para facer isto van dende a plastilina, pasando polo debuxo normal en papel ata as figuras de xoguete que eles memos teñan por casa de animais, vexetación ou monstruos. Os materiais tamén poden ser a elección propia.

As nenas e nenos teñen moitas ideas, deixádelle a eles elixir todo, son ben capaces!!

martes, mayo 19, 2020

Películas!!

Bos días!!

Hoxe veño cunha lista de películas interesantes para traballar a educación emocional cos vosos fillos e fillas. Dúas das películas propostas son recomendadas para maiores de 12 anos (Mecánica del Corazón y Mejor... Imposible) así que o aconsellable é ver algunha das outras. Supoño que xa teredes visto algunha, xa que son películas que tiveron un gran impacto na industria, pero se hai algunha que non viran os peques non dubidedes en velas. A min encantáronme!!

https://www.aulaplaneta.com/2017/06/28/en-familia/ocho-peliculas-educar-tus-hijos-la-inteligencia-emocional/

lunes, mayo 18, 2020

La gran fábrica de las palabras!

Bo comezo de semana a todos e todas!

Espero que descansárades moito e estedes cheos de enerxía. Hoxe veño a amosarvos un dos contos máis interesantes que atopei. Chámase: La Gran Fábrica de las Palabras. Desexo que vos guste moito e que vexades que con poucas palabras se pode dicir moito!


viernes, mayo 15, 2020

Día das letras galegas.

Bos días!

Como saberedes o vindeiro domingo é o día das letras galegas e para celebralo quería pedirvos que as nenas e nenos fagan un traballo de fotografía. A actividade consistiría en, aproveitando que saídes a pasear ou xogar, que os nenos e nenas saquen algunha fotografía da súa vila. Pode ser do que eles queiran (non hai necesidade de que se recoñeza o lugar), simplemente que represente a súa vida na localidade.
Despois podedes imprimir as imaxes e pegalas nunha cartolina ou ben debuxar as fotografías. Finalmente poden aproveitar para crear un conto, que aconteza neses lugares. Ao lado de cada fotografía incluirían unha escena. Se prefiren (ainda que sexa máis complexo) tamén, poden escribir algunha rima-pequeno poema relacionado coas fotografías se vedes que están moi motivados (dúas ou tres liñas, non máis).

Tamén vos deixo un vídeo para explicarlle un pouco aos nenos e nenas o que é un poema (non fai falta que o vexan todo nin que fagan os exercicios):


Lembrade que ten que ser en galego!!

jueves, mayo 14, 2020

A nosa propia tenda!

Bos días,

Para o día de hoxe pensei nun pouco de role-play para traballar cas moedas. É un tema que practicamos un pouco na clase pero que non chegamos a dominar totalmente. O primeiro que necesitamos é deixar que os nenos e nenas deseñen a súa propia tenda, poden facelo nun folio en sucio. Pode ser do que sexa, o importante é que escollan as cousas que se venden. A partir diso podemos montar o escenario para facer a actuación.
Entón, para crear a tenda podemos coller unha mesa da casa, usar o sofá, unha alfombra do chan, etc. Nese espacio colocaremos os obxectos que se venden. A continuación escolleremos os obxectos e decidiremos un prezo para cada un (procurade que sexa barato para poder traballar despois con billetes reais). Os obxectos que usaredes poden ser reais, debuxados, esculpidos con plastilina... Unha vez esté todo listo, colocaremos o prezo de cada obxecto e xa poderíamos comezar co role-play.

Nesta situación teñen que xogar dúas persoas. Un ten que ser o cliente e outro o dono da tenda. O cliente quererá mercar un dos obxectos. Entón o cliente pagará e o dono dará o cambio (se é que hai). Se o neno ou nena é o dono ou dona do establecemento o cambio tense que ser correcto sempre, mentres que se o outro participante actúa como dono pode dar o cambio ben ou mal. Nese momento será a nena ou neno encargado de dicir se lle deron ben o cambio ou non para reclamar a diferencia.

Estaría ben que ademais de facer todo isto, os pequen@s tamén poidan decorar a tenda: pegando debuxos, pintando directamente se é posible, poñendo os seus xoguetes, ect, etc.

Cómo hacer tiendas de juguete caseras | Tienda de juguetes ...

martes, mayo 12, 2020

Curriculum vitae!

Ola a todo o mundo!!

Hoxe quérovos dar unha idea interesante para favorecer o autocoñecemento nas vosas nenas e nenos. Trataríase de facer un currculum vitae, pero loxicamente adaptado para eles.
Para facer esto seguiremos os seguintes pasos:

- Dividimos un folio ou cartolina en dúas partes (cun lápis).

- Ao mesmo tempo na parte dereita da cartolina volvemos a dividir en dúas partes.

(Así quedaremos co folio dividido en tres).

- A continuación poñeremos unha cabeceira en cada apartado:

          - Na parte máis grande (a esquerda) poñerán unha foto deles (un debuxo) e os seus datos persoais (o nome, a idade, a súa cor favorita, a súa comida favorita... o que sexa)

          -Na parte superior dereita incluirán o traballo para o que queren presentarse e os motivos polos que queren ese traballo.

          - Finalmente na parte inferior dereita poñeran as cualidades propias que serían útiles para realizar ese traballo.

Se non vos convence esta disposición poden facela doutra forma. De feito hai plantillas en internet que poden ser útiles como por exemplo esta:

Crea tu propio curriculum vitae - ELEInternacional

Este pode ser un pouco complexo pero pódese simplificar ao voso gusto.
Canto máis orixinal sexa mellor, máis chamará a atención.

lunes, mayo 11, 2020

Investigación científica sobre as plantas.

Bos días a tod@s!

hoxe tráivos unha das actividades máis míticas do cole que é: plantar lentellas. Pero, non so intentaremos plantar senon que faremos un experimento para ver se as lentellas crecen tamén sen luz ou non.
O primeiro é facerlle unhas cantas preguntas aos nenos e nenas sobre que necesita unha planta para medrar. Apuntádeas nun papel para ver despois do experimento se as vosas hipóteses eran correctas.

A continuación, para seguir co experimento o único que é  necesario facer é seguir o seguinte vídeo:


Procurade que ámbalas dúas plantas estén en lugares similares coas mesmas condicións de calor e humidade.
Para regar podedes usar unha cullerada de tamaño grande e contar cantas veces vertedes a auga.
Ao final do experiemnto podedes apuntar o resultado e ver se as vosas hipóteses eran correctas.

viernes, mayo 08, 2020

Conto: A Todos los Monstruos les da Miedo la Oscuridad.

Bos días,

Hoxe déixovos aquí un conto que trata sobre o tema do medo. É un dos sentimentos máis básicos que tod@s temos e o nen@s deben de darse conta que non pasa nada por telos. Falar deles axuda a que sexan menos grandes. Por iso sería interesante que despois da lectura vos debuxaran os seus medos e volos explicaran. As veces é unha forma de liberarse desa carga. Aquí tedes a ligazón ao conto. Espero que vos guste.

https://kupdf.net/download/a-todos-los-monstruos-les-da-miedo-la-oscuridad-michael-escoffier_5c83a3d1e2b6f5c576249851_pdf

jueves, mayo 07, 2020

Peonza caseira!

Ola a tod@s!

Para hoxe trouxen un vídeo sobre como facer unha peonza caseira cunha botella de plástico. Aproveitade para falarlle un pouco sobre os xogos aos que xogábades de pequenos de paso. Ademais déixovos aquí dúas páxinas web onde explican varios xogos tradicionais que podedes estar interesados en ensinar aos vosos pequen@s.

Vídeo sobre a peonza caseira.


Páxinas web con xogos tradicionais:


miércoles, mayo 06, 2020

Target golf

Bos días,
Hoxe escollín un xogo de matemáticas que se pode facer con distintos materias dependendo do que teñades por casa. Chámase target golf e é moi sinxelo de facer. O primeiro que necesitamos é unha caixa de cartón (pode ser de zapatos) e faremos 4 ou 5 buratos da seguinte maneira:

Brincadeiras indoor para os dias de chuva! - Just Real Moms

Como vedes cada burato ten un tamaño e puntuación distinta. Canto máis pequeno, maior será a puntuación. Procurade que os puntos sexan números dunha cifra xa que imos usar eses números para as distintas operacións matemáticas que xa sabemos (incluída a multiplicación).
Logo, podemos coller pelotas de ping-pong, chapas ou canicas entre outras para usar como pelotas.
A continuación cada xogador terá un turno para lanzar. Aquí podemos variar o xogo de tres maneiras distintas.

1. A medida que avanzan as rondas podemos ir sumando os puntos que imos conseguindo e despois de 5 rondas ou así o que máis puntos teña gana.

2. Podemos darlle a cada xogador unha puntuación inicial: 35 por exemplo e cada vez que se consiga acertar restaremos os puntos que conseguimos á puntuación inicial. O primeiro xogador que chegue a 0 gana.

3. Podemos multiplicar os resultados que conseguimos cada vez. Lembrade que sería adecuado que para iso os números sexan dunha cifra.

martes, mayo 05, 2020

conto: guapa.

Bos días,

Hoxe toca un conto narrado. Podedes quitarlle o son ao vídeo e deixar que as nenas e nenos lean ou ben que lle narren o conto. Escollede vos!! Espero que vos guste e sobre todo que sirva aos peques para reflexionar un pouco sobre a subxectividade da beleza. Logo poden facer un autorretrato nun folio e explicar porque eles tamén son tan guap@s tal e como son!!


lunes, mayo 04, 2020

Como comemos?

Ola a tod@s!
Espero que estedes coas pilas recargadas despois de tres días de descanso. Para hoxe decidín propoñervos unha actividade de ciencias da natureza para darnos conta de como nos alimentamos.
Para iso, colleremos unha libreta (pode ser do colexio) ou folios para escribir. Nesa libreta apuntaremos o que comemos. As nenas e nenos se encargarán de escribir nunha carilla que comeron ese día facendo un esquema similar ao seguinte:

- Almorcei: (unha cunca de leite e torradas por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxiño rápido)

- Xantei: (Xudías con xamón por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxo rápido)

- Ceei: (Sobras do mediodía)

(Debaixo engadir debuxo rápido)

O seguinte día daranlle a volta a carilla e farán o mesmo.

Despois dunha  ou dúas semanas recompilando esta información os nenos poden facer outro esquema ou mapa no que inclúan todo o que comeron durante este tempo. Recortando os alimentos que debuxaron e poñéndoos nunha cartolina. Os nenos e nenas tamén se encargarían de dividilos nos seus grupos correspondentes. Por exemplo: o grupo das verduras, o grupo dos cereais e legumes, o grupo dos lácteos, o grupo das froitas e o grupo da carne e pescado. E a ver que grupo é máis grande.

jueves, abril 30, 2020

Cápsula do tempo.

Bos días!

Na entrada de hoxe escollín unha actividade que me gustaría que fixérades tod@s, sobre todo polo carácter emocional da mesma. A actividade trátase dunha cápsula do tempo. Para facela o único que necesitades é:

- Elixir os obxectos que meteredes dentro da cápsula do tempo. Poden ser dende debuxos ata xoguetes cos que xa non xoguen.

- Elixir un recipiente onde meteredes os obxectos: unha caixa, un baúl, etc.

- Elixir o momento no que abrirán a cápsula. É aconsellable que sexa dentro de bastante tempo para que teña máis gracia.

- E finalmente elixir un lugar seguro onde gardar a cápsula do tempo.

Cando abrades a cápsula, xa veredes cantos recordos teñen!!

miércoles, abril 29, 2020

Xogo para a lectura analítica.

Ola a tod@s!
O día de hoxe tráivos un xogo relacionado coa lectura analítica (lectura de palabras de maneira global sen separar por sílabas ou cando nun golpe de vista recoñecemos unha palabra).

O xogo é un bingo de palabras. Déixovos unha ligazón a un vídeo no que explica como facelo. Aviso que o vídeo explica como facer o xogo con letras, pero nós cambiaremos as letras por palabras. Empezaremos coas palabras máis sinxelas e despois faremos palabras máis complexas. Por exemplo: na primeira ronda podemos usar palabras como: casa, gato; depois podemos usar palabras como: cocodrilo, caramelo e así sucesivamente.


Ademais aquí vos deixo un vídeo explicativo de como facer un dado. Lembrade que en cada cara hai que poñer unha palabra.


martes, abril 28, 2020

Las princesas también se tiran pedos.

Ola a todo o mundo!
Hoxe escollín un conto cun título gracioso e que de seguro lle vai gustar @s nen@s. Creo que o título fala por si mesmo. Déixovos a ligazón ao conto aquí abaixo (pódese descargar ou ler online).

https://www.academia.edu/36833484/Las_princesas_tambien_se_tiran_pedos


lunes, abril 27, 2020

Mapas do tempo

Bo día a tod@s!!
fai moito tempo que non falamos sobre o tempo meteorolóxico, por iso gustaríame propoñervos algo.
Primeiro de todo, deixo aquí abaixo un vídeo para lembrar un pouco o que é o tempo meteorolóxico.


Agora que xa revisamos este tema podemos pasar á acción. O seguinte paso será buscar nun mapa de Galicia ou España Portomarín. Unha vez saiban onde se atopa @s nen@s poderán deducir a través dos mapas meteorolóxicos do telexornal o tempo que fará durante a semana. Podemos crear unha taboa similar á seguinte e apuntar no primeiro espazo de cada día a predicción do tempo.

Plantilla de horario semanal | Horarios para imprimir, Plantillas ...


Se queredes levar máis aló a actividade (o cal estaría ben), tamén podedes deixar que @s nen@s contrasten a información das noticias coa realidade creando os seguintes obxectos que serven para medir os fenómenos atmosféricos e cada día empregalos para ver se a predicción foi acertada: un pluviómetro, un catavento e un termómetro. Déixovos un vídeo explicativo abaixo para crear estes materiais caseiros. A anterior táboa tamén serve para apuntar a cantidade de auga que caeu, o vento e a calor nos espazos de abaixo.







viernes, abril 24, 2020

¡¡El monstruo rosa!!

Boas a tod@s!

Para rematar a semana déixovos aquí un conto para os peques. Unha lectura moi interesante sobre un mounstruo rosa e como se trata a diferencia, para aprender un pouco máis sobre a importancia de abrazar a diversidade.

https://elrincondecuentacuentos.files.wordpress.com/2015/06/monstruo-rosa-con-pictos-1.pdf

jueves, abril 23, 2020

Xogar coas mans

Bos días a todo o mundo!

Espero que teñades ganas de xogar un pouco máis, xa que o outro día atopei esta actividade que me pareceu moi interesante para traballar a coordinación e lateralidade.

https://www.pinterest.es/pin/775182154600888865/

Ademais de facer algo de exercicio @s nen@s poden facer algo de traballo creativo e debuxar eles mesmos as mans e os pés. Podedes mergullar estas partes do corpo nas cores (procurade que a pintura se pode usar na pel) e pegalas no papel para que queden as vosas propias mans e pés pintadas. Tamén se poden simplemente imprimir.

O xogo basearíase en colocar en series de 3 os debuxos de mans e pés e ilos colocando en fila. En cada serie o xogador ten que colocar as extremidades na orde correcta, senón pasa o turno a outro xogador. O obxectivo é chegar ao final sen errar.

martes, abril 21, 2020

Actividades dentro da casa.

Ola de novo!
Para o día de hoxe teño preparadas unha serie de actividades con materiais caseiros que se poden facer na casa para axudar a que fagan algo de exercicio!! Espero que lles gusten moito.

https://www.pinterest.es/pin/775182154600888628/
Este primeiro enlace mándavos directamente a un vídeo que recompila as actividades.

https://www.hellowonderful.co/post/easy-indoor-activities-for-kids/
Pola outra banda este envíavos á páxina web das actividades. Está escrita en inglés pero se entenden ben o concepto a través das imaxes, así que non vos preocupedes.

Podedes sacar moitos recursos de aquí. Mirádeo ben.

lunes, abril 20, 2020

¡No es una caja!

Bos días a tod@s,
comezamos a semana cun conto que esperemos que axude as nenas e nenos a sacar o seu lado máis creativo. O primeiro de todo sería ler o seguinte conto narrado:




Unha vez lido o conto, os nenos e nenas poden intentar facer algo parecido ao conto cunha caixa que teñan na casa. Que imaxinen que pode ser para xogar con ela. Ademais poden decorala para que pareza o obxecto que están a imaxinar. Espero que todos teñades algunha. Lembrade que o importante non é como é a caixa, senón como usamos a nosa cabeza.

viernes, abril 17, 2020

Xogo de multiplicación.

Bos días,
 Hoxe decidín deixarvos un xogo de multiplicacións para @s nen@s. O seguinte xogo é de pesca. O único que necesitamos é un balde cheo de auga e uns tapóns. Meteremos no balde 10 tapóns cada un cun número escrito do 1 ao 10. O xogo se basearía en pescar os tapóns con palillos, lápices ou o que teñamos. Os xogadores tomarán rondas para sacar dous tapóns en cada ronda e facer unha multiplicación con eses dous números. O resultado obtido é igual aos puntos que conseguiremos nesa ronda. O xogo remata ao facer 5 rondas e sumar os puntos totales que consegue cada un en todas as rondas.
As multiplicacións que non saiban non puntuarán (así tamén estarán máis motivados para aprender outras multiplicacións que non aprenderan). A seguinte imaxe deixa claro como se xoga:



jueves, abril 16, 2020

Álbum de fotos

Ola de novo!

Para o día de hoxe tráivos unha actividade na que @s nen@s van a crear o seu propio álbum de fotografías. O primeiro de todo é crear unha cámara. Hai distintos modelos que se poden facer dependendo dos materiais. Ademais poden decorala eles mesmos.

okul öncesi etkinlikleri oyun okul öncesi etkinlikleri sanat okul öncesi etkinlikleri deney orman haftası okul öncesi etkinlikleri okul öncesi etkinlikleri proje okul öncesi etkinlikleri tabak okul öncesi etkinlikleri 3 yaş okul öncesi etkinlikleri matematik okul öncesi etkinlikleri 3 boyutlu okul öncesi etkinlikleri boyama okul öncesi etkinlikleri bardak okul öncesi etkinlikleri renkler okul öncesi etkinlikleri hayvanlar okul öncesi etkinlikleri fen okul öncesi etkinlikleri mevsimler


cardboard camera

Unha vez feita a cámara pasarán a facer as fotos (simplemente debuxos). Para facer as fotos recortarían unha folla nun tamaño máis pequeno (como o de unha fotografía), farían un debuxo do que queren fotografiar, poñerían a data e un título para a foto. Nunha caixiña pequena que teñades por casa @s nen@s poderán gardar as fotografías para usar como álbum.
Lembrade novamente que estas actividades son voluntarias. Sei que leva moito traballo ás familias, non so o alumnado. Aínda que lles axudedes deixade que o fagan eles. Non fai falta que saia perfecto!

miércoles, abril 15, 2020

Conto: Elmer

Bos días!!
Para hoxe,  quería deixarvos no blog un conto moi necesario para o imaxinario de calquer nen@. Poño aquí abaixo o enlace ao pdf para facilitarvos todo. Despois da lectura, poderían facer un debuxo do seu propio elefante de cores e poñerlle un nome.

Conto Elmer

Ademais deixo aquí unha máscara de Elmer para recortar e pintar por se queren.

Máscara Elmer

martes, abril 14, 2020

Actividades manipulativas!!

Benvid@s de novo,
despois desta pausa durante as vacacións toca volver comezar a rutina. Por iso, traivos a continuación algunhas actividades manipulativas interesantes e moi divertidas. Os materiais necesario son sinxelos de atopar pola casa así que non vos preocupedes!


sábado, abril 04, 2020

Contos ilustrados narrados!!

Bos días a tod@os,

hoxe déixovos aquí unha serie de vídeos que conteñen contos ilustrados xa narrados. Espero que vos gusten!





jueves, abril 02, 2020

Receita de cociña

Ola a todos e todas,
como sabedes, a cociña é unha parte da vida cotiá das máis importantes. Polo tanto é necesario que as nenas e nenos tamén participen desta actividade. Por iso, hoxe deíxovos unha receita de galletas moi simple. Deixade que eles mesmos lean a receita e que midan as cantidades. Levaralles tempo pero aprenderán moitísimo. Ademais está relacionado cos contidos sobre medidas que vinos na clase.


miércoles, abril 01, 2020

Xogos e actividades na casa!

Ola de novo,
hoxe traiovos unha lista de xogos e actividades que os vosos fillos e fillas poden facer na casa. Hai algunhas realmente divertidas. Non perdades a oportunidade de xogar ou construir algo con eles, pasarédelo en grande!!

sitly.es/blog/juegos-para-ninos-de-6-a-7-anos/


Tamén aproveito para deixar a continuación unha canle de Youtube (sonarboretv) con cancións en galego para manter unha enerxía positiva durante a corentena:

https://www.youtube.com/user/sonarboretv/videos

martes, marzo 31, 2020

Busqueda do tesouro.

Bos días!!
Hoxe veño con unha actividade moi divertida e que de seguro lles gustará aos nenos e nenas moitísimo. Trátase dunha búsqueda do tesouro.
Collede algunha caixa pequena que haxa por casa que vos sirva de cofre do tesouro, metede algunhas cousas dentro (poden ser uns lápices, pinturas, un caramelo ou o que se vos ocorra) e agochadeo pola casa ben. A continuación, explicádelle as nenas e nenos que un pirata agochou un tesouro pola casa e que eles teñen que intentar atopalo.
Cando encontren o cofre, podedes dicirlles que, agora que o atoparon, o tesouro e seu, pero que deberían volver a agochalo para que ninguén o descubra nunca. Agora agocharán eles o tesouro e encargaranse de facer un mapa cunha cruz para saber onde o deixaron. Poden facer un plano da casa e das súas habitacións e unha descripción de como chegar a él por detrás. (xa sabedes: Dende a habitación onde se pode ver a televisión sae da sala e dá catro pasos cara a dereita...)
Para a próxima vez podedes intentar atopar o tesouro vós co mapa dos vosos nenos e nenas.

A caixa para o tesouro tamén a poden fabricar eles. A continuación un vídeo de papiroflexia para facer unha.


lunes, marzo 30, 2020

Imaxinade xuntos!!

Ola a tod@s,

volvo a escribir no blog para traervos un xogo de mesa no que teredes que imaxinar. Podedes descargalo e imprimilo para xogar cas nenas e nenos. Aquí volo deixo. Espero que o pasedes ben:

https://eleinternacional.com/producto/y-si-pudiera/

(Para descargalo hai que darlle ó botón dereito do rato e gardar imaxe)


domingo, marzo 29, 2020

El árbol generoso

Bos días de novo, déixovos hoxe aquí un dos contos ilustrados máis bonitos do mundo para que leades cos vosos fillos se tedes algo de tempo. Tiña pensado lelo eu con eles, pero visto que o conto trata o tema da familia, que mellor que lelo cas mamás e papás? Poden ler eles ou deixar que llelo contedes vós.
Estaría ben que deixárades un momentiño para a reflexión con eles ao final. Tamén poden facer un debuxiño sobre quen sería a súa árbore xenerosa. Non aconsellaría facer as preguntas do final do conto exactamente como aparecen ahí.

www.escuelafranciscovarela.cl/wp/wp-content/uploads/2017/06/El-Árbol-Generoso-Shel-Silverstein.pdf

A parte disto, se queredes extender a lectura tamén poderíades facer unha árbore familiar se os vedes con ganas. Deixo un exemplo aquí abaixo:

Qué puedes aprender de tu árbol genealógico? — La Mente es Maravillosa

Gracias por todo!!

sábado, marzo 28, 2020

Trucos para as táboas de multiplicar

Xa que os vosos fillos están empezando coas táboas, aquí vos deixo un vídeo que vos pode axudar coa aprendizaxe dalgunha delas:





Por certo, estaría moi ben que lle botárades unha ollada ós vídeos do canal de James. Ten moita idea sobre educación e pódevos axudar moito.

Exercicios cuarentena.


Boas a tod@s,
aquí vos deixo algúns exercicios que poden ir completando as nenas e nenos de primeiro e segundo por se non teñen moito que facer. Lembrade que estas actividades non van a ser avaliadas. Non son obrigatorias nin moito menos. A parte disto tamén incluirei algunha actividade máis que pode ser interesante que fagan as vosas fillas e fillos.


1º PRIMARIA
LENGUA https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202021213_U32_U1_U101_U2
LINGUA https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020212137_U32_U1_U101_U2
MATEMÁTICAS https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202011213_U32_U1_U101_U2

2º PRIMARIA
LENGUA https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2
LINGUA https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U32_U1_U101_U2
MATEMÁTICAS https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2


Moitas gracias pola súa atención.

¿Qué es un edublog y para qué sirve?

¿Qué es un edublog y para qué sirve?

Para empezar a definir lo que es un edublog primero debemos hacer referencia a lo que es un blog, un weblog o una bitácora. Todas estas herramientas son redes telemáticas para reforzar la enseñanza por medio de soportes informáticos que forman parte de la denominada web 2.0 (todos aquellos sitios de la red que facilitan compartir información con los demás). Son medios en los que se puede escribir sobre un tema y a su vez los lectores del blog pueden opinar. Dos de sus utilidades principales o ventajas de este tipo de webs son: principalmente que tienen un alto nivel de actualización por parte del usuario y que los contenidos aparecen por orden, de los más recientes a los más antiguos, lo que permite un seguimiento diario de las actividades o actualizaciones de los blogs en los que se está interesado.
Los edublogs (que parte de juntar educación y blog) son, en definitiva, weblogs cuyo principal objetivo es apoyar el proceso de enseñanza aprendizaje reforzándolo y mejorándolo en muchos casos en un contexto educativo introduciendo este tema como elemento fundamental de la red social.
Entonces, este tipo de webs permitirán la comunicación entre gente interesada en la educación. Para entender, definitivamente, lo que es un edublog y cómo funciona dejo este video abajo, que explica todo el contenido anterior muy claramente, por si os ayuda.