viernes, mayo 29, 2020

Xeoplano caseiro para aprender xeometría!

Ola a tod@s!

Para hoxe traivos un material didáctico para a aprendizaxe da xeometría dos máis usado na historia da educación, o chamado xeoplano. É un taboleiro de madeira no que as nenas e nenos empregan gomas elásticas para crear formas xeométricas de todo tipo. Coa axuda do xeoplano poden ir empezando a recoñecer algunhas das figuras máis básicas. Para que o empregedes correctamente este material, debaixo tedes dúas ligazóns: unha para poder facer un xeoplano caseiro de maneira sinxela e outro para enteder como usalo.


Qué é un xeoplano e como usalo?

Como crear un xeoplano caseiro?


Unha actividade interesante que se pode facer co xeo plano é que o nenos e nenas constrúan coas gomas figuras do que eles queira, por exemplo: animais, obxectos como garfos, mesas, etc, etc. Posteriormente terían que recoñecer as formas xeométricas que empregaron para crear esas figuras. Lembrade que primeiro hai que dar un repasiño das figuras xeométricas.

miércoles, mayo 27, 2020

Siluetas

Bos días!

Para a seguinte actividade no día de hoxe necesitaremos dunha linterna e papel. O xogo é sinxelo, trataríase de, nunha habitación as escuras, crear siluetas co papel. Primeiro debuxade o que queirades e despois recortádeo. A continuación apagade as luces e colocade o papel coa silueta diante da linterna.

Xogaríase por turnos, primeiro unha persoa crea a silueta e o resto ten que intentar adiviñar o que é facendo preguntas do estilo de: É un animal? É de cor parda? etc, etc.

Para facelo máis interesante podemos xogar cos tipos de animais. Se debuxamos animais podemos facer preguntas como: ten pelo? é vivíparo? é hervívoro? é un mamífero? E aplicar os coñecementos que temos sobre os animais ao xogo. Isto podese modificar para aprender distintos contidos como vocabulario en inglés entre outros.

Outra versión do xogo poderíase facer da seguinte maneira: se xogan tres persoas, unha sería encargada de crear a silueta e pensar a palabra que se ten que adiviñar, outro tería que explicar o que é coa axuda da silueta e outro tería que adiviñar. O que crea a silueta tamén pode engadir palabras tabú ou palabras que non se poden dicir para explicar ese obxecto.


martes, mayo 26, 2020

Conto: El increible niño comelibros.

Ola a todo o mundo,

Déixovos aquí un conto moi simpático sobre o amor pola lectura. Sei que moitos dos vosos fillos e fillas son fanáticos dos contos e é algo que intento transmitir especialmente no colexio, así que espero que lles guste moito. Despois disto, poden facer un debuxiño e explicar cal é o libro que comerían eles se tivesen o poder do neno comelibros!


lunes, mayo 25, 2020

Unha viaxe polo espacio!

Ola a todas e todos!!

Hoxe decidín engadir ao blog unha xincana personalizada a modo de xogo. Trátase dunha viaxe polo espacio que nos vai servir para traballar distintos aspectos. Para facer esta viaxe o primeiro que debemos facer é unha nave espacia usando a papiroflexia e os planetas do sistema solar (tamén poden crear un novo sistema do espacio e poñerlle nomes aos planetas eles mesmos, así a actividade sería máis flexible porque podemos escoller o número de planetas, como son, etc.). Lembrade que podedes fabricalos vós mesmos cos vídeos que vos deixarei aquí:


Ou ben, usar materiais similares que sexan representativos como pelotas, canícas...

Unha vez creedes a nave e os planetas, o seguinte sería crear unha historia e as probas da xincana. Para xogar a xincana o ideal sería que lle contarades unha historia aos nenos e nenas do estilo de: "A NASA encargou a varios astronautas facer a primeira viaxe tripulada polo espacio exterior máis aló da lúa e escolléronvos porque..." Os nenos e nenas serán os astronautas desta viaxe. Para facer esta viaxe, colocaremos os planetas feitos ao redor de nós e a distintas distancias (como se colocarían os planetas ao redor da terra pero pensando en nós mesmos como a terra). Os pequen@s deberán lanzar o fogete espacial ao planeta que queiran viaxar. En cada planeta que visiten terán unha misión que realizar.

Para isto inventaredes unhas tarxetas a modo de historia. Da seguinte forma:

- "A túa nave chegou a Saturno, pero o aterrizaxe complicouse e o ordenador da nave estropeouse. Só o matemático da nave pode reparala".
Entón incluiredes unhas operacións matemáticas debaixo para que eles fagan e reparen a nave.

En outro planeta podedes poñer:
- "Chegades a Marte e comezades a recoller pedras para levar á Nasa para que investiguen, pero no camiño de volta a metade das pedras caeron sen que vos dárades de conta. Haberá que inventar unha excusa para que os da Nasa non se den conta".

Podedes empregar estas probas para actividades comúns como facer contas, crear unha historia sobre un tema en concreto, facer preguntas sobre o tempo atmosférico dun planeta, relizar actividades físicas para escapar de alieníxenas, crear a vosa propia base nese planeta co que teñades por casa (como facer unha tenda de campaña), ler o reloxo para saber cando teñen que marchar dun planeta, etc, etc.
Así podedes escoller os aspectos que máis vos interese traballar cos vosos fillos e fillas (totalmente personalizable).

miércoles, mayo 20, 2020

Os ecosistemas.

Bos días,

Hoxe imos falar dunha das actividades que quedaron a medias no cole e que me gustaría que os nenos e nenas rematasen. A actividade é a creación dun ecosistema. Primeiro de todo, un vídeo recordatorio sobre o que son:


Agora, o primeiro que temos que ter en conta é que vai ser un ecosistema inventado ou fantástico, pero considerando todos os elementos cos que se crea un ecosistema, por iso:

- Temos que crear o seu medio físico. Para isto os nenos e nenas escolleran os elementos inertes ou sen vida que existen no seu ecosistema. Por exemplo: rochas, area, neve... (se queremos ser un pouco máis creativos podemos desvariar un pouco, dicindo que esta feito por unha alfombra xigante que cubre todo ou chatarra entre outros exemplos que podedes inventar). Unha vez escollamos temos que elixir onde imos facer o medio físico: eu diría que empregárades un terrario como estabamos usando na clase, pero tamén podedes usar caixas de cartón, un recuncho da casa, un caixón que non teña nada, etc. Ademais tedes que elexir os materiais cos que se farán os elementos do medio físico: saíndo a coller pedras ao xardín para as rochas, por exemplo.

- Despois de crear o medio físico podemos pasar a crear os seres vivos. Tamén poden ser inventados. Canto máis extravagantes mellor. Os materiais empregados para facer isto van dende a plastilina, pasando polo debuxo normal en papel ata as figuras de xoguete que eles memos teñan por casa de animais, vexetación ou monstruos. Os materiais tamén poden ser a elección propia.

As nenas e nenos teñen moitas ideas, deixádelle a eles elixir todo, son ben capaces!!

martes, mayo 19, 2020

Películas!!

Bos días!!

Hoxe veño cunha lista de películas interesantes para traballar a educación emocional cos vosos fillos e fillas. Dúas das películas propostas son recomendadas para maiores de 12 anos (Mecánica del Corazón y Mejor... Imposible) así que o aconsellable é ver algunha das outras. Supoño que xa teredes visto algunha, xa que son películas que tiveron un gran impacto na industria, pero se hai algunha que non viran os peques non dubidedes en velas. A min encantáronme!!

https://www.aulaplaneta.com/2017/06/28/en-familia/ocho-peliculas-educar-tus-hijos-la-inteligencia-emocional/

lunes, mayo 18, 2020

La gran fábrica de las palabras!

Bo comezo de semana a todos e todas!

Espero que descansárades moito e estedes cheos de enerxía. Hoxe veño a amosarvos un dos contos máis interesantes que atopei. Chámase: La Gran Fábrica de las Palabras. Desexo que vos guste moito e que vexades que con poucas palabras se pode dicir moito!


viernes, mayo 15, 2020

Día das letras galegas.

Bos días!

Como saberedes o vindeiro domingo é o día das letras galegas e para celebralo quería pedirvos que as nenas e nenos fagan un traballo de fotografía. A actividade consistiría en, aproveitando que saídes a pasear ou xogar, que os nenos e nenas saquen algunha fotografía da súa vila. Pode ser do que eles queiran (non hai necesidade de que se recoñeza o lugar), simplemente que represente a súa vida na localidade.
Despois podedes imprimir as imaxes e pegalas nunha cartolina ou ben debuxar as fotografías. Finalmente poden aproveitar para crear un conto, que aconteza neses lugares. Ao lado de cada fotografía incluirían unha escena. Se prefiren (ainda que sexa máis complexo) tamén, poden escribir algunha rima-pequeno poema relacionado coas fotografías se vedes que están moi motivados (dúas ou tres liñas, non máis).

Tamén vos deixo un vídeo para explicarlle un pouco aos nenos e nenas o que é un poema (non fai falta que o vexan todo nin que fagan os exercicios):


Lembrade que ten que ser en galego!!

jueves, mayo 14, 2020

A nosa propia tenda!

Bos días,

Para o día de hoxe pensei nun pouco de role-play para traballar cas moedas. É un tema que practicamos un pouco na clase pero que non chegamos a dominar totalmente. O primeiro que necesitamos é deixar que os nenos e nenas deseñen a súa propia tenda, poden facelo nun folio en sucio. Pode ser do que sexa, o importante é que escollan as cousas que se venden. A partir diso podemos montar o escenario para facer a actuación.
Entón, para crear a tenda podemos coller unha mesa da casa, usar o sofá, unha alfombra do chan, etc. Nese espacio colocaremos os obxectos que se venden. A continuación escolleremos os obxectos e decidiremos un prezo para cada un (procurade que sexa barato para poder traballar despois con billetes reais). Os obxectos que usaredes poden ser reais, debuxados, esculpidos con plastilina... Unha vez esté todo listo, colocaremos o prezo de cada obxecto e xa poderíamos comezar co role-play.

Nesta situación teñen que xogar dúas persoas. Un ten que ser o cliente e outro o dono da tenda. O cliente quererá mercar un dos obxectos. Entón o cliente pagará e o dono dará o cambio (se é que hai). Se o neno ou nena é o dono ou dona do establecemento o cambio tense que ser correcto sempre, mentres que se o outro participante actúa como dono pode dar o cambio ben ou mal. Nese momento será a nena ou neno encargado de dicir se lle deron ben o cambio ou non para reclamar a diferencia.

Estaría ben que ademais de facer todo isto, os pequen@s tamén poidan decorar a tenda: pegando debuxos, pintando directamente se é posible, poñendo os seus xoguetes, ect, etc.

Cómo hacer tiendas de juguete caseras | Tienda de juguetes ...

martes, mayo 12, 2020

Curriculum vitae!

Ola a todo o mundo!!

Hoxe quérovos dar unha idea interesante para favorecer o autocoñecemento nas vosas nenas e nenos. Trataríase de facer un currculum vitae, pero loxicamente adaptado para eles.
Para facer esto seguiremos os seguintes pasos:

- Dividimos un folio ou cartolina en dúas partes (cun lápis).

- Ao mesmo tempo na parte dereita da cartolina volvemos a dividir en dúas partes.

(Así quedaremos co folio dividido en tres).

- A continuación poñeremos unha cabeceira en cada apartado:

          - Na parte máis grande (a esquerda) poñerán unha foto deles (un debuxo) e os seus datos persoais (o nome, a idade, a súa cor favorita, a súa comida favorita... o que sexa)

          -Na parte superior dereita incluirán o traballo para o que queren presentarse e os motivos polos que queren ese traballo.

          - Finalmente na parte inferior dereita poñeran as cualidades propias que serían útiles para realizar ese traballo.

Se non vos convence esta disposición poden facela doutra forma. De feito hai plantillas en internet que poden ser útiles como por exemplo esta:

Crea tu propio curriculum vitae - ELEInternacional

Este pode ser un pouco complexo pero pódese simplificar ao voso gusto.
Canto máis orixinal sexa mellor, máis chamará a atención.

lunes, mayo 11, 2020

Investigación científica sobre as plantas.

Bos días a tod@s!

hoxe tráivos unha das actividades máis míticas do cole que é: plantar lentellas. Pero, non so intentaremos plantar senon que faremos un experimento para ver se as lentellas crecen tamén sen luz ou non.
O primeiro é facerlle unhas cantas preguntas aos nenos e nenas sobre que necesita unha planta para medrar. Apuntádeas nun papel para ver despois do experimento se as vosas hipóteses eran correctas.

A continuación, para seguir co experimento o único que é  necesario facer é seguir o seguinte vídeo:


Procurade que ámbalas dúas plantas estén en lugares similares coas mesmas condicións de calor e humidade.
Para regar podedes usar unha cullerada de tamaño grande e contar cantas veces vertedes a auga.
Ao final do experiemnto podedes apuntar o resultado e ver se as vosas hipóteses eran correctas.

viernes, mayo 08, 2020

Conto: A Todos los Monstruos les da Miedo la Oscuridad.

Bos días,

Hoxe déixovos aquí un conto que trata sobre o tema do medo. É un dos sentimentos máis básicos que tod@s temos e o nen@s deben de darse conta que non pasa nada por telos. Falar deles axuda a que sexan menos grandes. Por iso sería interesante que despois da lectura vos debuxaran os seus medos e volos explicaran. As veces é unha forma de liberarse desa carga. Aquí tedes a ligazón ao conto. Espero que vos guste.

https://kupdf.net/download/a-todos-los-monstruos-les-da-miedo-la-oscuridad-michael-escoffier_5c83a3d1e2b6f5c576249851_pdf

jueves, mayo 07, 2020

Peonza caseira!

Ola a tod@s!

Para hoxe trouxen un vídeo sobre como facer unha peonza caseira cunha botella de plástico. Aproveitade para falarlle un pouco sobre os xogos aos que xogábades de pequenos de paso. Ademais déixovos aquí dúas páxinas web onde explican varios xogos tradicionais que podedes estar interesados en ensinar aos vosos pequen@s.

Vídeo sobre a peonza caseira.


Páxinas web con xogos tradicionais:


miércoles, mayo 06, 2020

Target golf

Bos días,
Hoxe escollín un xogo de matemáticas que se pode facer con distintos materias dependendo do que teñades por casa. Chámase target golf e é moi sinxelo de facer. O primeiro que necesitamos é unha caixa de cartón (pode ser de zapatos) e faremos 4 ou 5 buratos da seguinte maneira:

Brincadeiras indoor para os dias de chuva! - Just Real Moms

Como vedes cada burato ten un tamaño e puntuación distinta. Canto máis pequeno, maior será a puntuación. Procurade que os puntos sexan números dunha cifra xa que imos usar eses números para as distintas operacións matemáticas que xa sabemos (incluída a multiplicación).
Logo, podemos coller pelotas de ping-pong, chapas ou canicas entre outras para usar como pelotas.
A continuación cada xogador terá un turno para lanzar. Aquí podemos variar o xogo de tres maneiras distintas.

1. A medida que avanzan as rondas podemos ir sumando os puntos que imos conseguindo e despois de 5 rondas ou así o que máis puntos teña gana.

2. Podemos darlle a cada xogador unha puntuación inicial: 35 por exemplo e cada vez que se consiga acertar restaremos os puntos que conseguimos á puntuación inicial. O primeiro xogador que chegue a 0 gana.

3. Podemos multiplicar os resultados que conseguimos cada vez. Lembrade que sería adecuado que para iso os números sexan dunha cifra.

martes, mayo 05, 2020

conto: guapa.

Bos días,

Hoxe toca un conto narrado. Podedes quitarlle o son ao vídeo e deixar que as nenas e nenos lean ou ben que lle narren o conto. Escollede vos!! Espero que vos guste e sobre todo que sirva aos peques para reflexionar un pouco sobre a subxectividade da beleza. Logo poden facer un autorretrato nun folio e explicar porque eles tamén son tan guap@s tal e como son!!


lunes, mayo 04, 2020

Como comemos?

Ola a tod@s!
Espero que estedes coas pilas recargadas despois de tres días de descanso. Para hoxe decidín propoñervos unha actividade de ciencias da natureza para darnos conta de como nos alimentamos.
Para iso, colleremos unha libreta (pode ser do colexio) ou folios para escribir. Nesa libreta apuntaremos o que comemos. As nenas e nenos se encargarán de escribir nunha carilla que comeron ese día facendo un esquema similar ao seguinte:

- Almorcei: (unha cunca de leite e torradas por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxiño rápido)

- Xantei: (Xudías con xamón por exemplo)

(Debaixo engadir un debuxo rápido)

- Ceei: (Sobras do mediodía)

(Debaixo engadir debuxo rápido)

O seguinte día daranlle a volta a carilla e farán o mesmo.

Despois dunha  ou dúas semanas recompilando esta información os nenos poden facer outro esquema ou mapa no que inclúan todo o que comeron durante este tempo. Recortando os alimentos que debuxaron e poñéndoos nunha cartolina. Os nenos e nenas tamén se encargarían de dividilos nos seus grupos correspondentes. Por exemplo: o grupo das verduras, o grupo dos cereais e legumes, o grupo dos lácteos, o grupo das froitas e o grupo da carne e pescado. E a ver que grupo é máis grande.